¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 
Equipo de traballo


Abeluria nace en xuño de 2018 converxendo nela os camiños de profesionais do eido da consultoría empresarial e da comunicación. Concíbese como un espazo cooperativo no que sumar e potenciar as habilidades e capacidades individuais cunha finalidade colectiva: a transformación e acompañamento das entidades que poñan ás persoas no centro das súas tomas de decisións.


Somos un equipo dinámico, inclusivo e cunha grande capacidade de adaptación que pretende seguir sumando e camiñando para seguir construíndo.

Ana Olveira - Abeluria


ANA OLVEIRA BLANCO 

INVESTIGADORA E CONSULTORA EN ECONOMÍA SOCIAL

Diplomada en Relacións Laborais e Máster en Xestión e Dirección Laboral na especialidade de Xestión sociolaboral pola USC na que actualmente é doutoranda. No eido académico é investigadora adxunta ao Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) e forma parte da Rede de Jóvenes Investigadores (ES - REJIES).

Conta cunha dilatada experiencia profesional de máis 14 anos en diferentes postos entre os que destacan tarefas relacionadas coa xestión empresarial e a coordinación de proxectos. 

Despois da súas labores ligadas á administración de a xerencia noutras cooperativas forma parte da equipa Abeluria onde desempeña tarefas de consultora, investigadora e formadora en Economía Social.

Desde xuño de 2019 é presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop. 

Alexandre Pereira - Abeluria


ÁLEX PEREIRA PÉREZ 

CONSULTOR EN ECONOMÍA SOCIAL

Diplomado en Relacións Laborais e co Máster en Prevención de Riscos Laborais e o Máster en Xestión e Dirección Laboral pola USC. 

A súa traxectoria profesional avalao como técnico en cooperativismo e experto en economía social. Durante varios anos foi colaborador da administración, empresas e outros proxectos cooperativos, e participou como técnico da Rede Eusumo e do programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. Actualmente tamén forma parte da comisión técnica de Coop 57 Galicia. 

Excelente formador e mentor cun amplo e vasto coñecemento do eido do emprendemento, da economía social, do cooperativismo e da responsabilidade social empresarial.

Rebeca Sánchez - Abeluria


REBECA SÁNCHEZ ANDRADE

CONSULTORA EN COMUNICACIÓN

Graduada en Xornalismo, conta co Máster en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional e o Máster en Márketing, Consultoría e Comunicación Política da Universidade de Santiago.

Xornalista e comunicadora, traballou en medios de comunicación rexionais e nacionais tanto de corte tradicional como nativos dixitais. A súa experiencia está ligada á comunicación corporativa e institucional con traballos realizados en gabinetes de prensa tanto da administración pública como de entidades do terceiro sector. 

Conta con formación de community manager, xestión de campañas de comunicación e márketing dixital, e traballa como responsable da comunicación dixital e redes sociais de diversas entidades.

Nos últimos anos tivo un papel activo en procesos de participación e xeración de proxectos; acompañamento para a creación e consolidación de entidades e organizacións, e facilitadora de procesos de transformación comunicativa, así como coordinadora e responsable de xestión de eventos.

Cristina Mosteiro - Abeluria


CRISTINA MOSTEIRO REBOREDO

CONSULTORA EN COMUNICACIÓN

Graduada en Xornalismo pola USC, actualmente está a cursar o Máster en Políticas Sociales e Intervención Sociocomunitaria da UDC.

Traballou e colaborou en medios galegos tanto tradicionais como dixitais ocupándose tanto da redacción de artigos xornalísticos como de labores de edición web e xestión de redes sociais.

Desde que se sumou á equipa Abeluria centra o seu traballo en labores de consultora de comunicación con perspectiva de xénero. Leva a cabo traballos de responsable de gabinetes de comunicación vinculados maioritariamente a asociacións e administracións.

Apaixonada da fotografía e do traballo en equipo. Xestiona procesos comunicativos en entidades e deseña proxectos específicos para elas; lidera a dirección, xestión e presentación de eventos; actúa como docente en procesos formativos e crea e promove contidos (Brand Content e Brand Curation) para os nosos clientes.