¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Xornada de peche do programa educativo ‘Construíndo unha comarca mellor. As nosas cooperativas’,


A comunidade educativa de Ordes impulsa o cooperativismo

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • Coordinamos o programa ‘Construíndo unha comarca mellor. As nosas cooperativas’ nos centros de ensinanza ordenses por segundo ano consecutivo

Por segundo ano consecutivo, desde Abeluria tivemos o pracer de coordinar o programa educativo ‘Construíndo unha comarca mellor. As nosas cooperativas’, impulsado pola Mancomunidade de Ordes e financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia a través da Rede Eusumo.

Xunto ás cooperativas Amarelas e Educalecrín, achegámoslle, durante catro meses, ao estudantado de 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo (Ordes), CPI O Cruce (Cerceda), CPI Ponte Carreira (Frades) e CPI Xanceda os valores da economía social, a fórmula cooperativa e como poñer en marcha o seu proxecto, traballando man a man as súas propostas de negocio, desde a xerminación da idea, a determinación do seu público obxectivo ou as canles de venda ata as habilidades sociais e comunicativas para levalo a bo porto.

A formación recibida permitiulles adquirir habilidades prácticas, experiencias significativas e coñecementos valiosos que contribúen ao seu desenvolvemento persoal e profesional. Os proxectos cooperativos presentados - desde a elaboración de doces con materias primas caseiras e de proximidade, a personalización de bolsas de tea reutilizables e de chapas, ata un servizo de paseo para mascotas que promova o seu benestar - son un testemuño do esforzo, a creatividade e a dedicación dun alumnado comprometido co futuro da súa comarca.

A valoración das docentes, xunto ao material da formación e as actividades propostas, foi moi positiva, situándose, de media, nos 4,7 puntos (sobre 5 puntos). Unha puntuación que pon de relevo a necesidade de levar ás aulas contidos novos e dinámicos, cos que a mocidade poida achegarse, desde a práctica, ao emprendemento no eido da economía social, considerándoo unha opción máis para o seu crecemento profesional e persoal.

O broche final ao proxecto púxoo a xornada celebrada no mes de xuño na Casa da Cultura de Ordes na que o alumnado, acompañado polo profesorado, presentou as súas cooperativas. O acto contou coa participación de Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, e de Susana García, presidenta da Mancomunidade de Ordes. Ambas destacaron a importancia de fomentar o emprendemento e a economía social desde idades temperás. Ademais, o estudantado puido manter un enriquecedor diálogo coas representantes das cooperativas locais Urdime, Nakeep, con dúas marcas comerciais Fieito e Roade, e Central de Frades, que compartiron as súas experiencias e coñecementos como emprendedoras e cooperativistas desde os seus respectivos sectores: a cultura, a moda e o agro.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar