¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
III Feira de Emprendedoras


Abertas as inscricións para a segunda edición do programa Olympe Emprende!

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  •  Galicia acolle unha nova edición do programa #OlympeEmprende

O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local. 

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. O programa quere ser un compromiso coa igualdade a través de fomentar a creación dun programa que ofreza soporte á creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que fomenten a transformación. 

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con moito potencial na economía social e no emprendemento en feminino. #OlympeEmprende vai dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras de Galicia lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garantan a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade

Quen pode participar?

Este programa está dirixido a mulleres emprendedoras con proxectos que persigan un impacto positivo en Galicia e que aspiren no curto prazo ou medio prazo á creación dun proxecto colectivo con impacto no territorio. 

O programa cobra especial relevancia e interese na situación actual provocada polo  COVID-19 na que moitas mulleres potencialmente emprendedoras están a ter que asumir de novo maiores cargas no coidado de nenos ou maiores. O programa pode ser para elas, o apoio necesario e imprescindible para dar o paso adiante cara ao emprendemento en economía social. 

O programa Olympe Emprende créase para acompañar a mulleres no impulso das súas iniciativas, creando un contexto idóneo no que maximizar a sostibilidade social e económica das mesmas, potenciando á vez as súas habilidades emprendedoras. 

Que ofrecemos?

  • Itinerarios de formación presencial e en liña onde as persoas participantes poderán experimentar e validar as súas ideas de negocio de economía social e solidaria antes de lanzarse ao mercado.
  • Sesións de acompañamento grupal para compartir os avances do proxecto e xerar redes de coidado e soporte
  • Sesións de acompañamento individual a nivel territorial, competencial e estratéxico
  • Oportunidades de networking e de xeración de sinerxías con outros proxectos a través de webinars e circuítos de emprendemento en feminino
  • Premios por importe máximo de 3.000€ para a constitución de proxectos cooperativos 

Cando?

Estas son as datas craves do programa: 

  • Período de inscrición: ata o 16 de xaneiro de 2021.
  • Proceso de selección: durante xaneiro de 2022
  • Duración do programa: desde febreiro 2022 ata principios de xullo.

Como inscribirse a  Olympe Emprende:

Para participar no programa só fai falta encher o formulario de inscrición do programa. Podes ver as condicións de participación de Olympe Emprende aquí

É importante ter en conta que cada solicitude de participación, no caso de ser seleccionada, dá dereito a participar no programa a unha soa persoa. No caso de que varias persoas dun mesmo equipo de emprendemento queiran participar, todas e cada unha delas deberá presentar a súa candidatura. 

Se tes unha idea de proxecto colectiva que aposta pola sostibilidade, animámoste a participar! 

Vías de contacto olympeemprende@tandemsocial.coop e por teléfono 661 54 90 06