¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
III Edición Olympe Emprende
III Edición Olympe Emprende


Galicia acolle a terceira edición do Programa Olympe Emprende co

obxectivo de fomentar o emprendemento cooperativo liderado por

mulleres

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • O programa #OlympeEmprende é un recurso completo e innovador ao servicio de mulleres emprendedoras que queren arrancar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que constituirán unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado en feminino.

  • Para isto ofrece durante o ano 2023 a 15 mulleres, de xeito gratuíto, un itinerario de formación, sesións de intercooperación, tours de emprendemento, webinars e acompañamento estratéxico, territorial e de competencias para o impulso de ideas de negocio con impacto na comunidade.

  • Premio económico de ate un máximo 3.000€ para a constitución de cooperativas.

  • O Programa #OlympeEmprende forma parte da convocatoria POISES de CEPES, cofinanciada polo Fondo Social Europeo

O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con mucho potencial na economía social e no emprendemento en feminino. #OlympeEmprende va dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras de Galicia lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade.

#OlympeEmprende ofrecerá formación, acompañamento individual e colectivo, webinars, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita dar un soporte á constitución de cooperativas no territorio lideradas por mulleres. O programa realizarase de xaneiro a xuño (2023), e valorará que as iniciativas teñan entre os seu obxectivos a consecución dun impacto social (como por exemplo a mellora do benestar do ser humano e a equidade social).

Pódense presentar iniciativas colectivas que se atopen nuhna fase inicial (ideas de negocio que non se iniciasen e que se atopen nunha fase de desenvolvemento mínima, sen necesidade de que se definise ningún modelo de negocio).

O período de presentación de solicitudes a través do formulario de inscrición comeza o 19 de setembro e amplíase ata o 27 de novembro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular).

III Edición

 

Formación e acompañamento individual e colectivo

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop auspiciarán e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados explicando o concepto de empresa da economía social e solidaria, modelos de negocio, marketing e comercialización ou fontes de financiación alternativas. E ao mesmo tempo levarase a cabo un acompañamento individual e colectivo de xeito virtual dos proxectos para axudar nas necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadán. O programa quiere ser un compromiso con la igualdad a través de fomentar la creación de un programa que de soporte a la creación de nuevas cooperativas lideradas por mujeres que fomenten la transformación.

#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida por CEPES actúa como Organismo Intermedio del Programa Operativo Empleo, Formación y Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para conseguir formación e emprego de calidade.

Bases e condicións de participación

Formulario de inscrición

Vías de contacto olympeemprende@tandemsocial.coop e por teléfono 661 54 90 06

Terceira edición do Olympe Emprende