¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Peche I Edición Olympe Emprende


O mapa e o fío musical do Ésocial

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • As persoas coas que conversamos ao longo deste 2021 deixanvos unha listaxe de lugares e cancións coas que facer un alto no bulebule

En marzo do 2021 estreabamos o ÉSocial, un espazo de encontro para a familia da economía social no que coñecer as persoas que están detrás desta ou outra entidade e compartir experiencias, ilusións e retos.

Desde esta ligazón podedes escoitar a playlist cos temas favoritos do momento dos nosos convidados e convidadas. Desde Mamá Cabra, pasando por Tina Turner, The Police, Camilo, Jhon Denver ata Calle 13, a variedade está garantida.

Tamén poderedes visitar os seus lugares predilectos para desconectar da rutina e coller enerxías.

A primeira persoa entrevistada foi Emi Candal, socia de Urdime e responsable da Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop. Con ela falamos sobre a súa ligazón coa economía social e o cooperativismo. Algunhas sorpresas, moitas risas e tamén reflexións sobre a importancia do asociacionismo, o traballo en equipo, os camiños que percorremos e as persoas que nos acompañan polos mesmos.

Seguiulle Antón Ínsua, coordinador técnico de Coop57 Galicia e unha das persoas que máis sabe do cooperativismo en Galicia. Con el percorremos as últimas dúas décadas no sector abordando tanto os fitos do cooperativismo galego como a súa maior presenza nos espazos representativos e institucionais.

Na terceira entrega do ÉSocial viaxamos ata Cataluña para conversar con Andrea Farrás da cooperativa Tandem Social para coñecer mellor a esta consultoría social catalá coa que estamos a colaborar no proxecto Olympe Emprende. Da man de Andrea achegámonos á situación na que se atopa o cooperativismo catalán e aos proxectos que están axudar a rachar cos estereotipos e roles de xénero.

No verán volvemos de novo á comunidade para falar con Covadonga Toca Carús, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, sobre a súa chegada ao ámbito de traballo da economía social, a  innovación que necesita o sector e os froitos colleitados pola Estratexia Galega de Economía Social. Nestes meses de estío tamén puxemos o foco na importancia da comunicación corporativa da man de Rosa Vázquez, responsable de comunicación na Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), e conversamos con Fátima González, Celia López e Lucía Baz da Asociación San Xerome Emiliani para dar a coñecer a iniciativa Fogares Sanxe, unha solución residencial para as persoas con diversidade da comarca do Baixo Miño. O proxecto formou parte, ademais, da primeira edición Olympe Emprende.

En setembro comezamos a nova tempada con Isidro Dozo, deseñador e comunicador dixital na cooperativa Catro Ventos, editora de títulos como ‘Mapa ecosocial de Galicia’, ‘Árbores que non arden’, ‘Feminismo para o 99 %’. Con el paseamos polo mundo editorial e cooperativista.

Para o oitavo ÉSocial contamos con Silvia Alende, xerente de Accede Social e directiva da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL), para charlar sobre os fitos de Accede Social no ámbito do transporte adaptado, o impacto da Covid-19, a inclusión ou a igualdade.

Con Angelly Ferreiro, unha moza compostelá que estivo a darlle forma ao seu proxecto no programa Olympe Emprende, puxemos fin ao último ÉSocial do ano, A iniciativa de Angelly aséntase sobre a súa formación como educadora e integradora social e a súa experiencia como activista antirracista decolonial. Falamos sobre a súa decisión de emprender, dos valores cooperativos que a sustentan e das ganas de cambiar o mundo.