A II Feira de Emprendedoras de Compostela, que se celebra entre o 26 e o 31 de outubro, quere achegar á cidadanía aquelas iniciativas da economía social lideradas por mulleres. Abeluria súmase este ano a esta iniciativa. Así, o vindeiro sábado 31 de outubro estaremos na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago. Senón podedes achegarvos sabede que o evento pódese seguir en liña e en directo na canle de Youtube de Woman Emprende.
Ese sábado, a nosa compañeira Ana Olveira, estará participando na mesa redonda "As persoas no centro da organización: empresas de economía social, liderado e motivacións". Compartirá táboas con:
- Carmen Casado Casado - Responsable de Desenvolvemento Económico, Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago
- Alba Paz Boubeta - Subdirectora xeral de Economía Social, Consellería de Emprego e Igualdade
- Mercedes Vázquez Bartomeu - AESGAL
- María Dolores Calvo - AGACA
- Rosa Gutiérrez - Galega de Economía social CEGASAL
E na feira expositiva das marcas emprendedoras sociais de Compostela, Abeluria terá un stand ao que vos podedes achegar para coñecernos mellor.
Para saber todo o que ofrece esta feira, consultade aquí o programa.