¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.


Participamos na II Feira de Emprendedoras de Compostela

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A II Feira de Emprendedoras de Compostela, que se celebra entre o 26 e o 31 de outubro, quere achegar á cidadanía aquelas iniciativas da economía social lideradas por mulleres. Abeluria súmase este ano a esta iniciativa. Así, o vindeiro sábado 31 de outubro estaremos na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago. Senón podedes achegarvos sabede que o evento pódese seguir en liña e en directo na canle de Youtube de Woman Emprende

Ese sábado, a nosa compañeira Ana Olveira, estará participando na mesa redonda "As persoas no centro da organización: empresas de economía social, liderado e motivacións". Compartirá táboas con:

  • Carmen Casado Casado - Responsable de Desenvolvemento Económico, Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago
  • Alba Paz Boubeta Subdirectora xeral de Economía Social, Consellería de Emprego e Igualdade
  • Mercedes Vázquez Bartomeu - AESGAL
  • María Dolores Calvo - AGACA
  • Rosa Gutiérrez - Galega de Economía social CEGASAL 

E na feira expositiva das marcas emprendedoras sociais de Compostela, Abeluria terá un stand ao que vos podedes achegar para coñecernos mellor. 

Para saber todo o que ofrece esta feira, consultade aquí o programa.