¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
III Feira de Emprendedoras


Poñémoslle o broche de ouro á I Edición do Olympe Emprende cun acto en Compostela

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  •  O martes 21 de decembro celebrarase unha xornada de difusión do emprendemento feminino en economía social

A I Edición do programa Olympe Emprende, que comezaba alá polo mes de xuño, toca á súa fin despois de 76 horas de formación en liña, 12 de acompañamento personalizado, 16 de grupal e máis de 15 de networking. Remata así, a viaxe formativa das trece emprendedoras participantes.

O obxectivo desta iniciativa, impulsada por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop, é a de crear unha rede mentora e de acompañamento para emprendedoras do eido da economía social e solidaria que queren desenvolver a súa idea de negocio na nosa comunidade e precisan madurala e validala antes de poñela en marcha.

O vindeiro martes 21 de decembro, o Cersia Empresa, en Compostela, acollerá a sesión de peche da I Edición do Olympe Emprende. A partires das 10:30 horas e ata ás 13:00 horas levarase a cabo unha sesión de valoración do programa da man das participantes e as cooperativas promotoras. E ás 13:00 horas celebrarase o acto de peche e entrega de premios e diplomas ás emprendedoras.

Achégate para saber máis sobre o emprendemento en economía social liderado por mulleres, coñecer novos proxectos e o programa Olympe Emprende, que vén de lanzar a súa segunda edición.

Podes inscribirte na seguinte ligazón.