¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Berta Lema xerente da AESGAL


Resultados de comunicación da AESGAL

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Durante 2019 adicamos parte do noso traballo a xestionar o gabinete de comunicación da AESGAL (Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia). A relación con esta entidade senlleira da economía social galega foi fluída xa que como parte da grande familia da ES da nosa comunidade compartimos valores e espazos, así como referentes e rede.

Entre marzo e decembro xestionamos a relación cos medios de comunicación e coas entidades socias da AESGAL ao fin de trasladarlles información puntual de interese, convocatorias e facerlles chegar o novo boletín mensual.

Durante o tempo que prestamos o servizo foi posible establecer unha relación estable cos medios de comunicación e unha presenza regular da AESGAL nos mesmos coincidindo cos envíos de notas de prensa, convocatorias e contactos realizados polo departamento de comunicación. O número de impactos para o período abril-decembro 2019 ascendeu a 32 noticias e entrevistas en medios tradicionais e dixitais. Aquí compartimos algúns exemplos dos impactos acadados en medios:

  • El Correo Gallego - Aesgal aposta por ampliar a súa base asociativa- http://ow.ly/CtDS50uyPv7
  • El Progreso de Lugo - Cuando los empleados dirigen el negocio - https://bit.ly/2kqYkE2
  • Diario de Pontevedra - Aesgal resalta o papel determinante da muller na economía social - https://bit.ly/2kh60c3
  • Economía en Galicia - AESGAL participa en Portugal nunha xornada sobre emprender na economía social - https://bit.ly/2kg6FdO
  • EuropaPress - El foro 'Economía Social Meeting' celebra este jueves una edición que gira alrededor de la financiación empresarial - https://bit.ly/316PhYa

Parte do traballo do departamento de comunicación foi o acompañamento a diferentes actos e eventos realizados pola Aesgal ou nos que participaba como a Feira de Economía Social da Coruña, a Asemblea Xeral da Aesgal, a Presentación Axenda Laces en Pontevedra, a Xornada Fundación Mulleres ou a ‘Economía Social Meeting’ sobre a plataforma de crowdfunding Goteo.

Fomentouse unha comunicación inclusiva e proactiva nas mensaxes orientadas a dar a coñecer a AESGAL, a marca Facendo Empresa e as sociedades laborais galegas á sociedade en xeral. Creáronse mensaxes que se apoiaban nos principios da economía social, reflectidos nas sociedades laborais. Algo que tamén se trasladou á xestión das redes sociais da AESGAL.

Consideramos necesario dar a coñecer a actividade do colectivo de empresas usuarias ao conxunto da cidadanía e tamén entre as entidades asociadas. En canto aos contidos a incluír, tivemos en conta:

  • A difusión de materiais xa realizados, coma os vídeos realizados en anos anteriores
  • A elaboración de novos contidos que promocionasen as potencialidades das sociedades laborais e explicasen as súas particularidades
  • A presentación de boas prácticas en entidades adheridas á marca Facendo Empresa
  • A presentación de sociedades laborais consolidadas ou outras de recente creación
  • As entrevistas mensuais a unha sociedade laboral asociada á AESGAL

Coa finalidade de reforzar o sentimento de pertenza á asociación e incentivar unha relación entre as sociedades laborais galegas que permitise a proliferación de sinerxías e intercambio de experiencias e coñecementos, creouse e enviouse un boletín informativo mensual. Nel dábase conta da actualidade tanto da Aesgal (oferta de formación, organización de eventos), como das empresas asociadas e as últimas novidades no eido da economía social, prestando especial atención a todo o relacionado coas sociedades laborais galegas (estudos, informes, axudas, axenda de eventos e formación).