- Feira aberta a todo o público para poder coñecer ás entidades da comarca de Compostela lideradas por mulleres
Un ano mais o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela colaboran para organizar a III Feira de Emprendedoras. O obxectivo deste evento é o de visibilizar ás mulleres emprendedoras que fomentan un tecido empresarial innovador e aportan valor engadido á comarca de Compostela. O encontro entre univesitarias emprendedoras referentes da comarca de Santiago e estudantes axudará a que estas valoren o emprendemento como saída laboral. Esta Feira será un espazo de encontro para crear un diálogo directo entre referentes de liderados feministas e emerxentes, ou futuras emerxentes.
O ano pasado xa tivemos a sorte de participar na feira e este ano repetimos. A nosa compañeira Cristina Mosteiro será unha das participantes da mesa redonda 'Emprendemento universitario en Compostela: humanidades, ciencias sociais, ciencias xurídicas e eido cultural e artístico' que terá lugar o venres, 29 de outubro, no Pazo de Fonseca. E ao día seguinte, a nosa compañeira Ana Olveira formará parte da mesa 'Economía feminista: emprendemento social, circular, sostible e centrado nas persoas. Emprendemento colaborativo'.
Ademais, como o ano pasado, Abeluria terá un stand ao que vos podedes achegar para coñecernos mellor.
Programa completo
Inscricións